Monday 06 de May de 2024

O Concello de Miño informará maña obras por 200.000 euros para diferentes puntos do municipio


 

O Concello de Miño convoca para mañá, luns 15 de xuño ás 18:00 horas unha Comisión Informativa no salón de plenos do Concello, na que se informarán obras por un total de 190.000 € e o Reglamento da Escola Infantil. Os puntos son os seguintes:

1. Ratificación da Resolución de Alcaldía de 21 de abril de 2020, pola que se aproba o modificado da Instalación do colector xeral de alcantarillado na Prata, que supón unha inversión de 137.882,49 €

2. Ratificación da Resolución de Alcaldía do 4 de xuño de 2020, pola que se solicita unha axuda á Consellería de Cultura e Turismo para a modernización e mellora da Biblioteca Pública municipal do Centro Social da Rúa, por importe de 13.209,19 €.

3. Aprobar as obras:
▪ Conexión de embornales da rúa Extremeiro á rede de recollida de pluviais polo importe de 6.877, 38 €,
▪ Ampliación da rede de abastecemento e saneamento no Barral-Sombreu por un importe de execución de contrata de 11.344,71 € e
▪ Instalación de grupo de presión en Barbeita (Callobre) por un importe de execución de contrata de 19.355,16 €.

4. Aprobación inicial do Regulamento de réxime interior da Escola Infantil Municipal A Ceboliña, que non se modificaba desde o ano 2011.